Bases da competición
A continuación expóñense as condicións para poder participar na liga e as normas reguladoras da competición.
Requisitos de participación
01
Artigo
Poderán participar aqueles traballadores de calquera servizo e das empresas subcontratadas que prestan servizo no Hospital Lucus Augusti, O torneo é de carácter amateur, é unha actividade de tempo libre para todas as afeccionadas/os o pádel.
02
Artigo
Establécense tres categorías: Feminina, Masculina e Mixta.
03
Artigo
A inscrición será gratuíta, – A inscrición NON inclúe o material deportivo necesario nin o abono das pistas.
04
Artigo
O sistema de competición será o seguinte: LIGA POR CATEGORÍAS (dependendo do número de parellas rexistradas).
05
Artigo
Farase unha prescrición que comezará o 1 de xullo de 2023 para organizar as distintas categorías de forma provisional.
06
Artigo
Unha vez completados os prerexistrados nas categorías para poder organziar as sedes, abrirase o prazo de inscrición definitivo.
07
Artigo
Liga dará comezo a 1 semana de outubro (luns día 02-10- 2023) e terminará dependendo do nº de parellas rexistradas, unha vez finalizada unha volta onde xoguen todas as parellas entre si.
08
Artigo
Cada xornada desenvolverase nun período dunha semana, desde luns a domingo (7 días) todas as semanas fixarase a xornada correspondente. Se algunha parella quere cambiar o horario do partido ten que poñerse dacordo cos contrincasntes dentro deses 7 días, en caso contrario de non poñerse dacordo ca data, a parella que iniciou o cambio de horario, perderá o partido por 2 sets a 0.
09
Artigo
Para a disputa dos partidos as parellas implicadas deberán poñerse de acordo para ver día e hora de xogo a través da lista de teléfonos dos participantes que repartiremos.
10
Artigo
A Organización non se fai responsable de calquera lesión que se poida producir durante o desenvolvemento da competición.
11
Artigo
No caso de que algún membro da parella teña unha lesión ou non poida disputar o torneo durante tres xornadas por algunha causa de forza maior, poderá ser substituído definitivamente por outro xogador libre que non esté xogando con outra parella.
12
Artigo
A cada parella entregaráselle unha listaxe cos teléfonos dos demais participantes, co obxecto de que se poidan poñer en contacto.
13
Artigo
A reserva da pista realizarase por parte das parellas,
tratarase de ter bloqueadas varias pistas en Lucus Padel e en Terra Padel (sempre que sexa posible) para a disputa da liga.
14
Artigo
Si un partido está en xogo, e finaliza a hora de duración estipulada na reserva da pista, o partido gañarao a parella que teña máis xogos gañados.
15
Artigo
O abono do alugueiro da pista para os partidos da liga, pagarano a medias entre as parellas para disputar o partido.
REGULAMENTO DA COMPETICIÓN
16
Artigo
As Regras de Xogo serán as establecidas polo Regulamento da federación española de pádel.
17
Artigo
Os partidos xogaranse ao mellor de 3 sets, é dicir, a
parella vencedora será aquela que gañe 2 sets.
18
Artigo
Se pasados 15 minutos da hora fixada para o partido algún xogador da parella non está na pista para xogar, daráselle o encontro por perdido polo resultado de 2 sets a 0, (6-0 / 6-0). Si a mesma parella volve a reincidir nesta falta grave será sancionada coa expulsión do campionato.
19
Artigo
A clasificación de cada categoría realizarase tendo en conta:
1. Partidos gañados.
2. Enfrontamento directo (en caso de empate).
3. Diferencia de sets a favor e en contra entre os implicados.
4. Sets a favor dos implicados.
5. Sets en contra dos implicados.
6. Partido de desempate.
20
Artigo
A Organización resérvase o dereito de adaptar ou modificar calquera destas normas, en caso necesario para o bo desenvolvemento da competición.
21
Artigo
Coa inscrición nesta liga de pádel acéptase polos
participantes que o seu nome e posibles fotografías do evento aparezan publicadas na Web https://hulapadel.com e nos distintos puntos de información destinados á devandita competición por
exemplo a rede social instagram.
22
Artigo
O prazo de inscrición final notificarase na intranet do
hospital, e por correo electrónico aos prerexistrados en xullo e agosto.
23
Artigo
A liga consta de dúas fases de competición:
• Fase 1: Disputa de partidos de todas as parellas contra todas, onde se establecerá unha clasificación para os play off de campións e copa de consolación.
• Fase 2: Disputa de Play Off e copa de consolación, tamén a un partido onde se enfrontarán todas as parellas entre si.
INFORMACIÓN SOBRE HORARIOS E RESULTADOS
Unha vez finalizado o partido, a parella que figure en primeiro lugar no cartel de cada xornada, deberá informar á organización do resultado do mesmo, coa intención de actualizar na maior brevidade a clasificación. Toda a información (horarios, resultados, clasificacións, circulares, organización etc.)/ etc.) desta I LIGA DE PADEL HULA” poderase consultar na web oficial da liga.
O sistema de puntuación establecido para este torneo será o seguinte:
– PARTIDO GAÑADO…….. 2 PUNTOS.
– PARTIDO PERDIDO ……. 0 PUNTOS.
– PARTIDO NON PRESENTADO RÉSTANSE 5 PUNTOS DA CLASIFICACIÓN.
SE ALGÚN XOGADOR REINCIDISE NESTA FALTA, SERÁ EXPULSADO DO CAMPIONATO.
Tras finalizar unha rolda onde todas as parellas enfróntense entre si, establecerase un play off de campións para as primeiras parellas, e unha copa de consolación para o resto de parellas. O sistema de puntuación para esta segunda fase, será o mesmo que o da primeira fase.